O IES de Canido Ferrol participa na final do Club de Debate Alingua

Oito equipos de toda Galicia chegaron a esta fase, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa.

A cidade de Ferrol estará representada este sábado 26 de abril, polo IES de Canido na final do Club de Debate Alingua, que se celebrará no auditorio de Vilagarcía de Arousa. O IES ferrolán mediranse, dialectalmente, a outros centros procedentes de toda Galicia.

O tema sobre o que terán que debater, tanto a favor como en contra, é A chegada de persoas procedentes de fóra de Galicia é unha oportunidade para o galego. O premio que obterán os dous equipos con maior puntuación na final, na que participan oito equipos, será unha viaxe multiaventura dunha fin de semana como xornada de convivencia lingüística e cultural.

O Club de Debate Alingua está organizado por varios concellos galegos, entre eles o de Ferrol, que pon a disposición dos participantes do IES de Canido un autobús para desprazarse ata a vila pontevedresa, onde os debates comezarán ás 10:20 horas.

Lea también

Rescatada una persona en Ferrol tras caer con su coche en un regato

Una persona tuvo que ser rescatada en la tarde de este pasado jueves en Ferrol …