A Sin-Son 10k, mellor valorada entre as 35 carreiras do XI circuíto da Deputación da Coruña

A carreira Sin-Son 10k acadou a máxima puntuación entre as 35 probas elixidas para formar parte do XI circuíto de carreiras da Deputación da Coruña deste ano 2025.

SinSon10k – 2024

A proba sonense obtivo un total de 301,50 puntos tras a baremación do ente provincial das solicitudes presentadas pola Federación Galega Atletismo. O podio complétano a 10K Carballo 2025. XII Carreira Popular Concello de Carballo (232,00 puntos) e a 44 edición Carreira Internacional de Negreira “A Clásica” (193,00 puntos).

SinSon10k – 2024

Máis de 1.500 persoas corredoras

A pasada edición da Sin-Son 10k 2024 pechouse sendo todo un éxito, onde volveu colgar o cartel de completo e na que Adrián Ben e Edymar Brea alzáronse coa vitoria, na categoría masculina e feminina respectivamente. A proba celebrada o pasado decembro, baixo o lema Corremos mirando ao mar, acolleu a máis de 1.500 corredores e onde o padriño da cita foi o propio Adrián Ben, campión  europeo de atletismo en pista cuberta e diploma olímpico, que foi ademais o atleta triunfador da proba ao cruzar a liña de meta en primeiro lugar parando o crono en 29:37’.

SinSon10k – 2024

A Sin-Son 10k, como proba xa consolidada, conta cun elenco de atletas invitados que participaron en anteriores edicións entre os que figuran nomes tan ilustres como Martín Fiz; Solange Pereira; Chema Martínez; Esther Navarrete ou Iván Raña.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, destacou que “a Sin-Son non só é un evento deportivo. É unha cita cultural, gastronómica e dinamizadora que evoluciona cada ano. Estamos moi contentos e orgullosos de poder ter na nosa vila esta proba que é un auténtico referente para todo tipo de corredores e un gran escaparate para Porto do Son”.

Lea también

Punta Penencia acoge el Campeonato Ciudad de Ferrol de Bodyboard

El concejal de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey, ha presentado el VIII Campeonato Ciudad de …