Uns 300 deportistas participan en Narón no Campionato provincial de dúatlon escolar “Xogade”

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, o presidente da Fegatri, Javier Campos, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron este luns 21 o Campionato provincial de dúatlon escolar “Xogade”, promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración co Concello de Narón, a citada entidade deportiva local e a Federación Galega de Tríatlon

A convocatoria, tal e como indicou Santalla, celebrarase este domingo, día 27, a partir das 10:30 horas na zona do polígono das Lagoas e na mesma participarán uns 300 deportistas.

Os participantes saen das probas clasificatorias disputadas previamente nos concellos de Valdoviño e Santiago de Compostela e representarán, tal e como apuntou Guerrero, aos clubs: Hércules Termalia, CN Cedeira, CN Riveira, Olímpico de Vedra, CT Compostela, CT Betanzos, CT Coruña, Escola Triatlon de Outes, Triatlón Ferrol, Inforhouse de Santiago, Triatlon Atlántico, AD Fogar e Náutico de Narón. Disputaranse as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e tanto a saída como a meta estará na rúa Camiño
Maderas Fernández.

O presidente da Fegatri agradeceu a implicación do Concello de Narón e do Náutico de Narón para organizar este evento deportivo na cidade. Pola súa banda, o concelleiro de deportes, destacou a importancia de convocar este tipo de campionatos e a colaboración entre diferentes administracións e entidades deportivas para poder levalas a cabo.

A maiores, Santalla recordou que esta fin de semana será intensa para o Náutico de Narón, que o sábado pola tarde participará na piscina da Gándara na quinta xornada da liga benxamín e alevín, coa presencia tamén do CN Ferrol, Marina Ferrol, CN Cedeira.

Lea también

El XXXIII Triangular de Fútbol Concello de Valdoviño se disputa el 23 de agosto

El campo municipal de Mourente alberga este año el torneo, en el que participan el …