A saúde mental, baixo o foco da Academia AresXSalud

A Academia AresXSalud do Concello abordará unha das temáticas con maior relevancia no día a día da veciñanza: o coidado da saúde mental e como evoluciona o seu estado ao longo das diferentes etapas da vida.

Este venres 25 de abril, e a partir das 19:00 horas, o psiquiatra Tito Núñez achegarase até o salón de actos da Alianza Aresana para abordar, dende a súa longa e ampla experiencia no campo, as circunstancias arredor da saúde mental na actualidade. A súa charla será unha oportunidade para descubrir que elementos impactan psicoloxicamente en cada un de nós, axudando a visibilizar os retos que supón coidar da nosa mente.

Tito Núñez é coordinador de Saúde Mental na Área Sanitaria de Ferrol, exerceu durante 24 anos de Xefe do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e tamén se achegou á docencia como profesor titular de Enfermería e Terapia Ocupacional da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dende o 1992.

As áreas municipais de Benestar e Deportes responsables da Academia AresXSalud convidan a toda a veciñanza que estea interesada a achegarse á sesión, con entrada libre e totalmente de balde, e formular as súas dúbidas sobre esta temática que tanto afecta á calidade de vida na cotiandade.

Lea también

As Pontes destina 35.000€ en axudas para a adquisición de material escolar

O Concello das Pontes destina 35.000 euros á convocatoria de axudas para a adquisición de …