Ferrol en Común denuncia a falta de transparencia no maior contrato pendente do Concello de Ferrol

Este martes publícase no DOG a estrutura de costes do contrato de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Ferrol; Nese anuncio establécese un reparto porcentual dos custos do futuro contrato, entre gastos de persoal, mantemento, combustible e “non revisable”, cun prazo de recuperación do investimento de 9 anos. 

Ao respecto desta publicación FeC manifesta nun comunicado o desacordo o respecto:

–  Denuncian «unha vez máis o talante antidemocrático do Partido Popular» que ponse de manifesto, «a o non seren informados en ningún momento os grupos da oposición de que se estaba a elaborar este documento coa colaboración de catro empresas do sector».

– Coma esta estrutura foi xa publicada no ano 2021 no DOG, supón «unha ralentización máis para a modernización e mellora do servizo».

– Malia as peticións constantes de FeC «en ningún momento se deu traslado das características técnicas do novo contrato, as características do contedor marrón, se inclúe ou non os desbroces, a aposta polo medio ambiente con maquinaria eléctrica, as cláusulas sociais para xerar emprego en grupos desfavorecidos, etc.» co cal  constrinxen a posibilidade de facer achegas ao prego co fin de melloralo e darlle participación a entidades ecoloxistas e asociacións veciñais. Algo que foi demandado reiterativamente polo actual grupo de goberno no pasado».

– FeC entende que «este modelo dá por feito que o único modelo posible é a xestión privada de longa duración, e está orientado a que unha grande empresa, que esixirá mínimo un 6% de beneficio industrial, xestione este servizo antepoñendo os intereses económicos á eficiencia do servizo».

– Por último «o período de exposición pública é ficticio, xa que non está detallada a estrutura, simplemente cuns datos porcentuais, pero sen unha diagnose, unha publicación dos parámetros utilizados e as consecuencias dese estudo, non se pode considerar que alguén faga ningún tipo de alegación».

E por isto que FeC insiste «nun debate aberto sobre o modelo de recollida de residuos, a posibilidade de facer achegas ao documento que se está a elaborar e máis talante democrático por parte do goberno local».

Lea también

El BNG califica de “escándalo” la recapitalización en Emafesa

La decisión del gobierno municipal de Ferrol de recapitalizar Emafesa para pasar del 49% al …