Excelente resultado o colleitado esta pasada fin de semana pola Selección Galega de Trail running na súa viaxe a Eivissa no que disputaron o Campinato de España de Federacións Autonómicas de TR e do que viñeron de volta cun total de 5 metais.

A nivel individual, comezaban ben as cousas para os intereses galegos xa que na categoría feminina a internacional en campo a través dos pasados europeos e mundiais Enma Méndez, lograba entrar na línea de meta nunha excelente segunda posición na categoría Promoción Sub18/20 cedendo tan só ante a representante extremeña. Xunto á gran actuación da lucense o resto de integrantes da selección remataban en postos destacados, Sandra González (10ª), Julia Salvado (19ª) e Eva Formoso (37ª) que en conxunto outorgaban a nosa selección a medalla de bronce por conxuntos.

Si esto acontecía na categoría Sub20, os rapaces Sub23 tamén foron quen de subir ao podio nacional. Nunha selección liderada tanto por Martín Barreiro (5º) como por Hugo Souto (6º) que entraban nos postos importantes de cabeza, sumábaselle o posto vixésimo sexto de Alex Iglesia que daban o terceiro dos metais para o noso atletismo co terceiro posto por seleccions.


No resto de actuacións a Selección Galega absoluta masculina, lograba o posto noveno (21º Alexandre Otero; 30º Rubén Ínsua; 39º Rubén Gómez; 43º Federico Losada; 50º Marcos Antonio Pascual) sendo décimo segundas a Selección absoluta feminina (25ª María Martínez; 39ª Rosa María Araujo; 40ª María Platero e 49ª Carla Trillo). Por último na categoría Sub20, décimo posto para a Selección cun 9º posto para Eloy Martínez; 41º Brais García; 43º Roi Mourón e 45º para Jesús García.
A maiores e a título máster individual, completábanse estes excelentes resultados co dobrete no podio na categoría M45 individual para os galegos Federico Losada do CD Biosbardo do e José Angel Díaz do Bruzos Team, segundo e terceiro respectivamente. No resto de másters, 11º Marcos Pascual do CD Biosbardo na M40; 6ª Rosa María Araujo do Burgas Ourense na F35 e 6ª María Platero e 7ª Carla Trillo do Ría de Foz na F40.