‘El Gran Ciclón’ chega ao Teatro Jofre de Ferrol co cuarteto barcelonés de jazz Los Mambo Jambo

Estarán acompañados por doce músicos e xuntos forman Los Mambo Jambo Arkestra, un proxecto de 16 artistas que fan honra ao título do seu espectáculo.

Los Mambo Jambo Arkestra

O teatro Jofre encherase este sábado 12 de abril ás 20.30 horas co potente ritmo do cuarteto barcelonés Los Mambo Jambo, que presentará o seu segundo álbum, El Gran Ciclón. Un traballo formado por 11 temas propios nos que ofrecen o seu coñecido e característico son jambofónico, cunha dimensión moito máis potente e brillante.

Los Mambo Jambo está integrado por Dani Nel-lo (saxo), Iván Kovacevic (contrabaixo), Antón Jarl (batería) e Dani Baraldés (guitarra). Nesta xira, están acompañados por doce músicos, repartidos en dúas seccións de vento e unha segunda guitarra. La Arkestra está formada por Héctor Martín (guitarra), Duska Miscevic, Ignasi Poch, Nil Mujal, Pol Prats e Pere Miró (saxos), Jaume Torné, Victor Vergés e Lluis Figuerola (trompetas) e Samuel Marthe, Aram Montagud e Miguel Berenguer (trombones).

As entradas están á venda a partir de 12 euros na billeteira do Jofre e na web de Ataquilla: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/conciertos/53-teatro-jofre/x3ahd9pq-los-mambo-jambo-arkestra

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …