A Deputación estréase en ‘Salón Gourmets’ cun stand repleto de público

Coa campaña “A paisaxe que sabe”, a entidade provincial participa nesta feira internacional de alimentación e bebidas de alta calidade que se celebra en Madrid ata o 10 de abril. Ao evento acuden diferentes produtores locais e restaurantes que protagonizan un programa formado por máis de 40 actividades para promocionar a gastronomía da provincia.

Fuente Diputación de A Coruña

IFEMA convértese na capital mundial da alimentación e as bebidas de alta calidade coa celebración, ata o xoves 10, da 38ª edición do Salón Gourmets. Feira na que participa, por primeira vez, a Deputación de A Coruña, para promocionar a gastronomía da provincia cun stand propio no que están presentes 8 produtores locais na zona de exposición; e polo que pasarán outros tantos para ofrecer presentacións e degustacións, así como 3 chefs e 1 sumiller.

En total, máis de 40 actividades conforman unha programación destinada a “dar a coñecer a nosa provincia a través da nosa gastronomía, que é agora mesmo o noso principal destino turístico”, sinalou o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, “e tamén poñer en valor toda a cadea agroalimentaria facendo un traballo excepcional, dun xeito sustentable tanto medioambiental como económica e socialmente”. “Capaces de crear produtos de elevadísima calidade que posteriormente os nosos restauradores converten en bocados únicos”.

Fuente Diputación de A Coruña

A primeira xornada comezaba o luns 7 no stand co olor a café de Cafés Lúa (Carballo), que ofreceu un almorzo a catro mans con Maruxas de Nata (San Sadurniño). Continuaba coas presentacións e degustacións de galletas Martietas de Fío (Bergondo);  A Despensa d´Lujo (Coristanco); Vermú Lodeiros e queixo Galmesán (Arzúa), que ofreceu a súa primeira degustación tras ser nomeado como mellor queixo de vaca de España no 15º GourmetQuesos, campionato dos mellores queixos de España 2025. O primeiro showcooking impartiuno naír González, do restaurante Muelle 43 (Mugardos), que conquistou os padais do público coa ameixa rubia da confraría de Barallobre. A cociñeira mugardesa compartiu fogóns con Antonio Amenedo, do restaurante Pazo de Santa Cruz (Oza – Cesuras), que ofreceu os tradicionais callos de Mondoi, e un cocido contemporáneo.

Fuente Diputación de A Coruña

Vánagandr tamén presentou a súa xenebra, “a mellor do mundo”, do mesmo xeito que o sumiller Alejandro Padín, que impartiu unha ponencia e cata sobre a “IXP Betanzos: os viños máis setentrionais”. O espazo da Deputación conta tamén cun espazo expositivo onde moitos destes produtores, así como A Conserveira e Empanadas Costumes Galicia ofrecen mostras dos seus produtos.

Quedan aínda dúas xornadas de actividades con presentacións, degustacións, showcookings, catas… A cociñeira Alma García, do restaurante coruñés Greca completará durante o mércores 9 e o xoves 10 a programación de cociña en directo, complementando as actividades dos demais produtores e chefs.

Lea también

La Policía Local de Ferrol contará con un servicio especializado de análisis de drogas en conductores

El Concello de Ferrol ha dado un nuevo paso en materia de seguridad vial con …