Ó redor dun milleiro de asistentes gozaron da XXXI Feira do Cabalo da Barqueira

A XXXI Feira do Cabalo da Barqueira repetiu o éxito das pasadas edicións reunindo a preto dun milleiro de asistentes para gozar do gran concurso da andadura tradicional galega.

En total hobo premios nas categorías: Serrada -1.5, Serrada +1.5, Chapeada +1.5, Chapeada -1,5, ademais de premios ao mellor poldro e ao xinete de maior e menor idade da localidade. Estes galardóns estiveron patrocinados por cinco locais hostaleiros do municipio.

A oferta de actividades da xornada completouse cos postos de artesanía e os xantares nos que se serviron polbo e churrasco.

RESULTADOS XXXI FEIRA DO CABALO 2025

TROFEO CASA VIUDA- Chapeada -1,5m
1º Marcos Maseda con NANCY

TROFEO BAR ELVIS – Chapeada +1,5m
1º Victor García con GOYA

TROFEO CASA IGNACIO – Serrada -1,5m
1º Jaime Carro con MAURO

TROFEO RINCÓN DE TANIA- Serrada +1,5m
1º Darío Casas con KENIA

TROFEO MESÓN FROALLO- Mellor poldro de -2 anos.
1º Antonio Amor

TROFEO CONCELLO DE CERDIDO
AMAZONA/CABALEIRO MÁIS NOVO – Ángel Mera
AMAZONA/CABALEIRO MÁIS MAIOR – Constantino Casal

Lea también

Mugardos refuerza los servicios sociales tramitando la cobertura de una plaza para el SAF

El Concello de Mugardos continúa trabajando en la mejora de los servicios de atención social …