Galicia Fórum Gastronómico clausúrase con máis de 23.000 visitantes

A décima edición do Galicia Fórum Gastronómico clausúrase no recinto ExpoCoruña con máis de 23.000 visitantes, segundo informa a organización, que fai un balance «moi positivo».

Fuente Diputación de A Coruña

«Unha edición que se converteu na mellor #gastroexplosión», en palabras da súa directora, Ana Trevisani, quen explicou que «este ano celebrabamos a súa décima edición na nosa terra e queriamos que fose moi especial, pese ao esforzo que supoñía facer unha edición extras tan só doce meses despois da anterior».

«Pero puidemos comprobar que mereceu a pena, especialmente polo nivel de programa e relatores que conseguimos ter«, recalcou. «Estamos orgullosos dos grandes nomes internacionais que quixeron viaxar a Galicia e ademais envorcáronse co noso proxecto do Fórum«, afirmou Ana Trevisani.

Na mesma liña expresouse Pep Palau, director de programa, quen destacou que «esta foi sen dúbida a edición que presentou un dos mellores programas da historia do Fórum en honra a ese décimo aniversario» engadindo que «á beira dos grandes cociñeiros xa consagrados tivemos a oportunidade de ver en directo a cociña que vén, eses mozos que naceron co Fórum e que hoxe están en auxe»

Tres días, 30 actividades, 6 chefs e 10 mostradores de exposición de produtos locais, así como outras actividades complementarias como mesas redondas, talleres e entregas de premios. Remata unha edición máis do Galicia Fórum Gastronómico, onde a Deputación da Coruña participou cunha ampla e ambiciosa programación destinada a “poñer en valor a nosa gastronomía, os nosos produtos e o talento dos profesionais do sector agroalimentario”, sinalou o vicepresidente, Xosé Regueira, que, ademais, valorou moi positivamente esta décima edición “dun evento que xa é de referencia internacional”.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

“Estar en Fórum” afirma Regueira “é ter a convicción de que imos estar no mellor escaparate da nosa gastronomía, que nos permite non so poñela en valor, senón tamén reivindicar os nosos produtos e o noso territorio”. “A provincia da Coruña”, engadiu o vicepresidente, “é un destino turístico auténtico que alberga pequenas peculiaridades que o fan único, como a nosa xente e as nosas paisaxes. E hoxe é máis importante ca nunca, se cabe, defender a preservación desa autenticidade”.

Fuente Diputación de A Coruña

Actividades da última xornada no stand

Na xornada deste martes 25 as cociñeiras Lucía Freitas (A Tafona, Santiago de Compostela) e Naír Naír González (Muelle 43, Mugardos) protagonizaron os showcookings deste último día no stand da Deputación, onde tamén participaron ofrecendo degustacións e presentacións San Isidro Bakery e Cafés Lúa; A Despensa d`Lujo; Martietas de Fío; Vánagandr e Chichalovers.

Fuente Diputación de A Coruña

Os produtores presentes no stand provincial destacaron a «visibilidade» que supón para eles a participación en foros como este Galicia Fórum Gastronómico, e tamén as «sinerxías» que se establecen entre eles, que impulsan ademais «o noso crecemento e recoñecemento, pois xuntos somos máis«, explicaron.

Mostra diso foi a participación de Carmela, de Queixo Galmesán, no showcooking de Lucía Freitas, que empregou o seu queixo premiado internacionalmente nun dos pratos que elaborou: porro á brasa, avelá, xema curada e escuma de Galmesán.

Fuente Diputación de A Coruña

Talleres

Ademais das actividades que se desenvolveron no espazo provincial, a Deputación tamén organizou talleres nos espazos «Taller» e «Ágora».

Nesta última xornada, foi o caso de ‘Cociña moderna vs. Cociña tradicional: un debate culinario’ con Xurxo Agrasar e Eva Fares (As Garzas, Malpica) e Dolores García e Noelia Rodríguez (Casa Peto, Outes) e ‘Costa da Morte: esencia e territorio’, con Pepe Formoso, Miguel Silvarredonda, Emilia Iglesias e Martiño Santos, da Asociación de Profesionais de Turismo Costa da Morte.

Fuente Diputación de A Coruña

PROTAGONISTAS
A xornada de clausura tivo como protagonista as verduras coas actuacións estelares do xaponés Kanji Kobayashi, quen tivo de anfitrioa á cociñeira Lucía Freitas, e que puxo no Fórum o punto final ao seu percorrido por Galicia, e a sesión de Xavier Pellicer, valedor do Premio ao Mellor Restaurante de Verduras do Mundo en 2018 e 2019.

Ademais, a xornada contou coa participación de catro grandes da cociña galega Axel Smyth, Iñaki Bretal, Pepe Solla e Javier Olleros, encargado este último da sesión de clausura.

Por outra banda, a axenda do martes tamén incluíu varios recoñecementos, como os do concurso Desafío Xchef by Cervexas 1906, organizado por Estrella Galicia, e cuxa gañadora foi Fátima Olga Otero, do Paprica de Lugo, co proposta ‘Touciño asado, pesto de grelos a coitelo e mollo balsámico de 1906 Black Coupage’.

Fuente Diputación de A Coruña

Entrega de premios

Así mesmo, ao longo da mañá desenvolveuse o II Concurso de Empanadas Galicia Fórum Gastronómico, que contou cunha altísima participación que afianza e consolida o concurso, e cuxos gañadores foron Inés Martínez e John Ferrer, do CIFP Manuel Antonio, que se alzaron co primeiro na categoría de Estudantes; o segundo para Moraima Núñez e Héctor Soto, do CIFP Álvaro Cunqueiro; e o terceiro premio foi outorgado ao alumno do CIFP Compostela, Sebastián Castro.

Na categoría profesional proclamouse gañadora a Empanadería Cantón de Ortigueira, en segundo lugar quedou o Club Santo Domingo de Pereiro de Aguiar e en terceiro posto a Panadería Casa Zapateiro de Mesía. Un dos actos foi a entrega dos Premios Picado, presidida polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

Os mesmos foron outorgados a Celestina Martínez, de O Parrulo (Ferrol), na categoría Cociña; na categoría Sala, o premiado foi Berto Domínguez, á fronte do mítico restaurante D’Berto (O Grove); na categoría Viño, o premio foi para Joaquín Álvarez «Quin», do Rosal; en canto á categoría Produtor, no caso de Mar, o recoñecemento recaeu en Ou Peirao-Federación Galega de Redeiras Artesás (Malpica de Bergantiños), mentres que no apartado Rural o premiado foi Jesús Simal Gándara.

Tamén foron distinguidas oito panaderías: Panadería Pallares (Sarria, Lugo, 1876); Panadería Germán (Fisterra, A Coruña, 1870); Panadería Rabizas (Betanzos, A Coruña, s XVII); a centenaria Panadería Paleo (Ribadeo, Lugo); Forno do Calviño (San Cristovo de Cea); Sieira Charlín (Ribeira, A Coruña, 1884); Panadería Central (Buño, Malpica) e Panadería Caneda (A Pobra de Trives, Ourense), co Premio ás Panaderías Históricas de Galicia.

Fuente Diputación de A Coruña

OUTRAS PROPOSTAS

Todo iso nunha edición na que Estrella Galicia presentou os avances do seu proxecto para facer máis sostibles os establecementos hostaleiros do noso país, Cervexarías Circulares.

Ademais, a Organización de Produtores Pesqueiros de Burela promocionou os produtos pesqueiros das súas frotas.

Pola súa banda, na súa visita, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, enxalzou esta cita gastronómica como «escaparate de excepción dos produtos pesqueiros, así como da riqueza e o sabor que hai detrás da despensa atlántica». Destacou tamén a presenza de produtos do mar, á vez que incidiu na importancia de promover hábitos de alimentación saudables.

Lea también

A Deputación insta á Xunta aceptala condonación da débeda proposta polo Goberno de España e destinalo a sanidade, educación e servizos sociais

A moción, aprobada no pleno solicita que o goberno galego estableza un mecanismo de seguemento …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *