Cinco medallas para a Escola Javi Gómez Noya no dúatlon escolar de Navia

Os equipos da canteira ferrolá benxamín masculino e alevín feminino lograron o campionato galego escolar.

Fuente Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya colgouse cinco medallas no dúatlon escolar celebrado esta fin de semana en Navia, Vigo. No campionato Xunta de Galicia de dúatlon escolar, os benxamíns Raúl Alvite, Roi Agra e Adrián Alarcón fixéronse co triunfo. Na categoría alevín, Carla Colmenero proclamouse campioa galega, Cecilia Benasach subiu ao terceiro chanzo do podio e, xunto con Leire Castro, gañaron a competición por equipos.

Fuente Triatlón Ferrol
Fuente Triatlón Ferrol

Ademais, como proba de promoción do deporte a igualdade de sexos, disputouse un dúatlon por remudas mixtas. O equipo formado polos alevíns Carla Colmenero e Dylan Alarcón e os infantís Miguel Benasach e Noa Amado cruzou a meta en segundo lugar.

Lea también

La jugadora del Baxi Ferrol, Bego de Santiago, se perderá toda la temporada por lesión

Uno de los fichajes del Baxi Ferrol, Bego de Santiago se va a perder la …