Unha unidade móbil para a doazón de sangue visitará este xoves Narón

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este xoves na cidade de Narón, nas inmediacións do xulgado de Paz, na estrada de Castela. O vehículo permanecerá operativo en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Dende ADOS informouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

A Comisaría Local de Ferrol-Narón celebrou este venres en Narón o Día da Policía Nacional

No acto institucional da Comisaría Local de Ferrol-Narón se impuxeron once condecoracións ao Mérito Policial. …