As Pontes mellora o viario ao Niño do Azor na parroquia do Freixo

Fuente Concello de As Pontes

O Concello das Pontes, ten previsto, mellorar o viario ao Niño do Azor, na parroquia do Freixo. O proxecto, cun orzamento de 84.542 euros, con cargo á Deputación da Coruña, permitirá continuar coas actuacións de mellora do viario levadas a cabo durante os últimos anos.

Así, procederase a pavimentar un novo tramo ata o cruce que da acceso ao núcleo de Niño do Azor mediante o varrido da calzada, a limpeza e perfilado das marxes e cunetas cunha capa de saburra coa finalidade de evitar o chanzo producido polo recrecido do firme.

Procederase á reparación das fochas existentes con mestura bituminosa, e o estendido dunha capa de aglomerado asfáltico en quente. Rematarase a actuación coa sinalización horizontal e vertical necesarias. Na continuación a este tramo ata o límite do Concello, procederase á reparación de fochancas mediante mestura bituminosa en frío.

Lea también

Finaliza en Mugardos la campaña de donación de alimentos para las colonias felinas

El Concello de Mugardos informa del fin de la campaña de donación de alimentos húmedos …