Ares lanza ‘Aventuras Dixitais’ unha nova actividade relacionada coa tecnoloxía para rapaces

O Concello de Ares promove na Casa da Xuventude unha actividade lúdico-educativa para que rapaces poidan divertirse coñecendo, ao mesmo tempo, a complexidade da tecnoloxía. ‘Aventuras dixitais’ é o nome que recibe este proxecto extraescolar totalmente de balde cunha duración que abranguerá dende mediados de marzo até xuño.

Os rapaces e rapaces dividiranse en dous grupos de 12 prazas, cada un con contidos e dinámicas adaptadas ás franxas de idade que teñan nas sesións de dúas horas.

O primeiro será para crianzas de 9 a 13 anos e desenvolverá a súa actividade todos os luns, de 16:00 a 18:00 horas, dende o 17 de marzo ao 16 de xuño. O segundo deles destínase a adolescentes de 14 a 17 anos, con sesións todos os mércores, de 16:00 a 18:00 horas, do 19 de marzo ao 18 de xuño.

No relativo ós contidos, haberá a posibilidade de interactuar con realidade aumentada e virtual, aprender de robótica, intelixencia artificial (IA) e programación, ou mesmo ás posibilidades existentes á hora de impulsar a creatividade na contorna virtual.

Tamén se incorporarán módulos educativos onde se debullará como facer un uso responsable e consciente da tecnoloxía, a prevención do ciberacoso e a relevancia da ciberseguridade na vida diaria dixital dos adolescentes. Todo isto mantendo un enfoque lúdico para construír un lecer saudable para mozos e mozas de Ares.

A iniciativa impúlsase da man da Fundación Esplai con financiamento dos fondos NextGeneration da Unión Europea.

PROCESO DE INSCRICIÓN XA ABERTO

Para formalizar a reserva de praza en Aventuras Dixitais, pódese contactar vía e-mail con
irene.ferreira@fundacionesplai.org especificando inicialmente nome e apelidos, idade e concello onde se atopa empadroado o rapaz ou rapaza. O proceso de inscrición estará aberto ata o 7 de marzo, inclusive.

A participación da mocidade na actividade extraescolar inclúe un diploma acreditativo do itinerario de 30 horas de aprendizaxe que recibirán ao peche do curso, en xuño.

Lea también

Afundación Ferrol acoge un recorrido por la historia autonómica de Galicia a través de las viñetas de Siro López

La Sede Afundación de Ferrol acoge desde este viernes 28 de marzo, la exposición «40 …