A Universidad Sénior ofrece en As Pontes un programa de democratización do coñecemento

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha neste ano 2025, coa financiamento da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello das Pontes de García Rodríguez a 7a edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de marzo e abril, no Centro Sociocomunitario de As Pontes, na avenida de Ferrol no 23, en As Pontes.

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de As Pontes de García Rodríguez, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

12 de marzo: “A Dirección Artística no Cine”, Profa. Victoria de León Sanjuán
13 de marzo: “A xestión do común: Unha visión desde a economía e os cómics”, Prof. Manuel Gómez Suárez
18 de marzo: “Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros”, Profa. Elena Martín Cancela

MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA

26 de marzo: “(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión”, Prof. Sergio Rodríguez Roiloa
27 de marzo: “ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes”, Profa. Gloria Ma González Fortes
2 de abril:“Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas”, Prof. Álvaro Michelena Grandío

MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE

9 de abril: “Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes”, Prof. Luis Saleta Canosa
10 de abril: “O Cambio Climático: causas e consecuencias”, Prof. Salvador Fojón Polanco
23 de abril:“Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico”, Prof. Carlos Freire Rodríguez

O Programa formativo rematará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o día 24 de abril de 2025.

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior As Pontes https://universidadesenior.org/as-pontes/ ou presencialmente a través da Secretaría de Alcaldía do Concello das Pontes, dende o 22 de febreiro ata o 9 de marzo.

Lea también

Xosé Miguel Mahía renunció al acta de concejal de Mugardos por motivo de estudios en el extranjero

La noticia, aunque no era oficial, se hizo real en la mañana de este miércoles, …