Cerdido ultima unha gran festa de Entroido

O Concello de Cerdido celebrará o Entroido o vindeiro día 1 de marzo cunha gran festa no polideportivo da Barqueira que terá lugar de 17:00 a 20:00 horas.

Na xornada haberá diferentes atractivos para os nenos como inchables, obradoiros de máscaras e maquillaxe, desfile de disfraces e un espectáculo teatral da man de ‘Cantabaila’.

Desde o goberno local convídase a que as familias acudan disfrazadas para gozar dunha das festas máis arraigadas na cultura popular de Galicia.

Lea también

Neda organiza en marzo un taller práctico para preparar “Cenas rápidas y saludables para el día a día”

Abierta ya la inscripción online para esta actividad municipal gratuita. El Ayuntamiento de Neda organiza, …