Máis de medio centenar de estudantes participan na XVI Olimpíada de Xeoloxía celebrada no Xeoparque Cabo Ortegal

A Olimpíada de Xeoloxía suma xa 16 anos celebrándose por todo o territorio galego, sendo este o segundo ano consecutivo que o Xeoparque Cabo Ortegal acolle unha das probas da sede da provincia de A Coruña.

Promovida pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), xunto a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos, conta co apoio da asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal e o concello de San Sadurniño, lugar onde se celebrou esta actividade o pasado mércores 12 de febreiro de 2024.

Un total de 52 estudantes dos centros IES Rafael Dieste (A Coruña), IES Alfonso X O Sabio (Cambre), IES Miraflores (Oleiros), IES David Buján (Cambre), CPI Virxe da Cela (Monfero), IES Concepción Arenal (Ferrol) e IES Perdouro (Burela), participaron ó longo da xornada en distintas probas, teórico e prácticas.

A Xornada comezou cun acto de benvida na Casa da Cultura de San Sadurniño que contou coa presenza institucional de varios representantes da asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, para dar paso á realización das diversas probas. Pola tarde, as e os participantes puideron descubrir mais en profundidade o Xeoparque, grazas a unha saída guiada polo xeólogo Francisco Canosa. Xa a última hora da tarde deuse por clausurada a Xornada coa entrega de premios.

Premiados

PREMIO AO MELLOR Equipo. Do IES Perdouro (Burela): David Baltar Pernas, Pablo Casas Iglesias, Adrián Díaz Urbano, Hugo Gorgojo Basanta.

PREMIO ACCESIT  4º ESO: Hugo Lorenzo Basanta, do IES Perdouro (Burela).

3er PREMIO: Pablo Yedra Parada, de 1o de Bacharelato, de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).

2º PREMIO: Mariana Nazareth Caracas Zorrilla de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).

1er PREMIO: Hugo Gorgojo Basanta, de 1o de Bacharelato, do IES Perdouro (Burela).

Lea también

David Cepo trae al auditorio de Ferrol su espectáculo «No cruces los brazos»

La estrella cómica del momento, David Cepo, visita este viernes 3 de octubre el auditorio …