Narón acolle o primeiro mundial de Hip Hop

O Concello de Narón e a Federación Española de Baile Deportivo, en colaboración co Club de Baile Deportivo Narón, volven unir forzas para traer a Narón unha proba de nivel mundial.

Tras o anuncio por parte da Federación Mundial (WDSF) de querer realizar en 2025 o primeiro mundial de Hip Hop, o Concello de Narón e a Federación Española uniron forzas para presentar a súa candidatura, da que finalmente resultaron seleccionadas para realizar o devandito evento.

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó, avanzaron que a proba terá lugar na cidade os días 10 e 11 de maio no Pazo da Cultura e proclamará aos campións do mundo en sete categorías (Junior Small Team, Junior Big Team, Youth Small Team, Youth Big Team, Adulto Small Team, Adulto Big Team e Megacrew).

O Concello de Narón e a Federación Española de Baile Deportivo valoran moi positivamente o feito de poder volver a traballar da man e ter a oportunidade de colaborar na organización dun evento desta magnitude.

Dende a organización trasladan a todos os interesados na devandita proba que o requisito que puxo a Federación Española é participar como mínimo nunha das probas do calendario español neste 2025, previo á data do mundial.

Lea también

Bruno Castro, campeón de España de triple salto, recibe el reconocimiento del Concello de Ferrol

El Concello de Ferrol ha querido reconocer el prometedor talento deportivo de la ciudad con …