Proposta en Narón para atopar frechazos literarios con citas a cegas coa lectura

A Biblioteca municipal de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara acollen esta semana proposta “Namórate dun libro en San Valentín”, dirixida a persoas a partir de 16 anos. Unha iniciativa, tal e como indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, a través da que se pretende axudar ás persoas interesadas a atopar o seu próximo frechazo literario cunha cita a cegas coa lectura.

Ata o vindeiro sábado día 15 (ou ata esgotar existencias) haberá na Biblioteca unha selección de libros envoltos, de diversa temática e nas diferentes seccións, elixidos dende o centro. As persoas que o desexen poderán levar un deles para a casa, sen ver o título nin a portada da publicación, só unhas pequenas pistas para axudarlles a elixir. A mesma proposta lévase a cabo tamén ata o venres 14 na Axencia de lectura da Gándara.

Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos animar á cidadanía a explorar lecturas fóra da súa zona de confort e dar visibilidade a determinados libros que en ocasións pasan desapercibidos entre as novidades. Así mesmo, tamén se ofrece a posibilidade de coñecer a novos autores e autoras e descubrir novos estilos e xéneros literarios

Lea también

Lúa Teijeiro Aneiros del Club Arco Narón elegida mejor deportista de Ferrol 2025 en esta modalidad

La arquera ferrolana Lúa Teijeiro Aneiros, alumna desde sus comienzos en este deporte de la …