«PSOE Ferrol presenta os seus proxectos concretos para o EDIL do Ensanche»

«Queremos un Ensanche que sexa o corazón social e económico de Ferrol, con oportunidades para todas as familias que o habitan», afirma Ángel Mato, portavoz socialista.

Hai uns días, o Grupo Municipal Socialista presentou a súa proposta de Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL) para o Ensanche. Hoxe dá un paso máis ao detallar os seus proxectos concretos «para transformar o barrio nun modelo de sostibilidade, cohesión social e dinamismo económico». «A iniciativa», según o portavoz Ángel Mato «aborda tanto os retos urbanos como sociais do Ensanche, posicionándoo como un eixo estratéxico para o desenvolvemento de Ferrol».

O plan EDIL presentado polo PSOE incluiría as seguintes actuacións:

«Rehabilitación completa do Centro Comercial Porta Nova, incluíndo a renovación da súa estrutura e o seu aparcadoiro subterráneo, que contará con 350 prazas operativas».

«Renovación integral do Centro Cultural Carballo Calero, mellorando as súas instalacións para usos culturais e comunitarios».

«Reurbanización e renaturalización do Parque do Inferniño, onde se instalará o primeiro parque infantil cuberto de Ferrol, acompañado de melloras no mobiliario urbano e iluminación».

«Creación do parque canino do Palco das Ánimas, un espazo deseñado para o disfrute das mascotas e os seus donos».

«Desenvolvemento do Parque das Vías, un espazo verde paralelo ás vías do tren, xunto cun carril bici que conectará a Estación de trens e autobuses co barrio de San Xoán».

«Humanización do primeiro quilómetro da Estrada de Castela, mellorando a accesibilidade, iluminación e seguridade viaria».

«Humanización da Rúa Manuel Belando, como continuación da Nova de Caranza».

«Humanización das rúas Pintor Bello Piñeiro e Río Castro, para facelas máis accesibles e atractivas para os peóns».

«Conexión da Estrada de Castela co novo bulevar de As Pías, promovendo a integración dos barrios de Caranza, O Bertón, Ultramar e Esteiro».

«Medidas complementarias para fomentar a mobilidade sostible e revitalizar económica e socialmente a zona, incluíndo a creación de carrís bici e espazos peonís».

O PSOE tamén propón «o desenvolvemento dun plan de integración social, con especial atención á infancia e á mocidade, ademais de programas de apoio educativo, cultural e psicosocial para fortalecer a cohesión comunitaria».

Para mellorar a seguridade no barrio, inclúese «a creación dunha delegación permanente da Policía Local no centro Porta Nova, con persoal fixo para reforzar a vixilancia e atención inmediata á veciñanza».

«O plan enmárcase nunha Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL), que permitirá a Ferrol optar a fondos europeos FEDER por un impor de ata 15 millóns de euros para financiar estas actuacións transformadoras».

«Queremos que o Ensanche sexa un modelo de sostibilidade, cohesión social e oportunidades para todos. Invitamos ao goberno local a asumir este proxecto como unha prioridade estratéxica para o futuro de Ferrol», afirmou Mato.

Lea también

El presidente del PP de Ferrol, Rey Varela, repasa los proyectos para Ferrol

“Ferrol está en movimiento, estamos en un momento muy ilusionante para la ciudad”, afirmó el …