A Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos recibe 90.000€ do Goberno galego

A Consellería do Mar ten aberto ata o próximo 3 de febreiro unha nova convocatoria das axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMPA, para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou na mañá deste lúns 27 a Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos, onde se reuniu co patrón maior do pósito, Borja Carbón Bayolo, co que avaliou a situación actual da confraría e as súas necesidades.

Durante a visita ás instalacións, a delegada territorial destacou a mobilización de preto de 90.000 euros por parte do Goberno galego en apoios á confraría nos dous últimos anos que foron distribuídos a través de diferentes liñas de axudas encamiñadas a realización de diversas accións destinadas a reforzar a actividade extractiva, así como actuacións destinadas a mellorar as zonas produtivas e a implementación de medidas de conservación dos recursos mariños.

Así lembrou que o pósito recibiu entre 2023 e 2024 preto de 18.000 euros para a adquisición de máis dun millóns de unidades de semente de ameixa xaponesa coa que mellorar a produtividade dos seus bancos marisqueiros con problemas de perda de produción.

Ademais percibiron máis de 71.700 euros para proxectos de restauración da biodiversidade e os ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco da actividade marisqueira sustentable que investiron en mellorar a biodiversidade na enseada do Baño.

Nova convocatoria aberta

Aneiros lembrou durante a visita que a Consellería do Mar ten aberto ata o próximo 3 de febreiro unha nova convocatoria das axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMPA, para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables.

Trátase dunha orde de subvencións destinada a confrarías, as súas federacións, organizacións de produtores e outras entidades asociativas que conta cun orzamento de 1,9 M€ para as anualidades 2025 e 2026, segundo explicou a delegada.

Poderán ser obxecto destas subvencións os proxectos colectivos que se desenvolvan na Comunidade Autónoma que teñan por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro ou que contribúan a unha mellor xestión ou conservación dos recursos biolóxicos mariños tales como actuacións de restauración da biodiversidade ou dos ecosistemas mariños incluídos bancos naturais, zonas de cría e reprodución das especies.

Lea también

La mugardesa Reganosa opera ya en 30 países y los ingresos de la actividad fuera de España superan un tercio de los totales

Su división Reganosa Servicios ganó contratos en el exterior por 186,3 millones y colaboró con …