A Deputación despide Fitur poñendo en valor a Costa da Morte, “onde comeza todo”

A Costa da Morte protagoniza a programación da Deputación de A Coruña na última xornada de Fitur. O vicepresidente, Xosé Regueira, asistiu onte ás presentacións da CMAT “Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe” e a da Asociación de Concellos do Camiño Fisterra – Muxía «Fisterra-Muxía, o camiño que remata no mar», e hoxe tamén a esta última que se promocionou no stand de Turespaña trala exposicion de onte no pavillón de Galicia.

Fuente Diputación de A Coruña

A CMAT, asociación turística da Costa da Morte, falou da “natureza salvaxe” do territorio ante un público que non deixaba de sorprenderse coas imaxes do vídeo proxectado. “Dicía Manuel Rivas que a Costa da Morte é máis que un destino; é un parque temático”, comezou Regueira, “e tiña razón. É máis que paisaxe, gastronomía, patrimonio, cultura… A Costa da Morte ten un encanto intanxible de primeiro nivel. Calquera se sentirá atraído non so polas súas incribles postas de sol ou as súas salvaxes e infinitas praias, senón tamén polos múltiples e únicos acontecementos que alberga e o que é capaz de transmitir a súa xente a través da tradición”.

Regueira animaba, ademais, a visitar a Costa da Morte “en calquera estación, pero eu particularmente elixiría o outono” para descubrir este recuncho. “Din que alí remata o mundo, mais eu creu que é onde comeza todo”.

Durante a presentación do camiño Fisterra – Muxía no pavillón de Galicia, o vicepresidente sinalaba a “singularidade” deste camiño, “que conta con dúas catedrais, a de Santiago e as pedras do santuario de Muxía, e por suposto o faro da fin do mundo, en Fisterra”.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

Esta presentación continuou trasladándose ao espazo de Turespaña, onde o deputado Antonio Leira se referiu a este tramo como “único e maxestoso, polo que imos atopar nel, principalmente as súas xentes que vos farán sentir na casa”. Leira tamén puxo en valor o compromiso de todos os alcaldes e alcaldesas dos concellos implicados, “hai un sentir que é o respeto, o coidado, o mimo e a divulgación da esencia do camiño, e aí temos o mellor legado”. O deputado tamén falou do proxecto da Deputación, ‘Arte no Camiño’, que “nos permite recuperar espazos e historias que hai no Camiño”.

Remata así unha nova edición de Fitur, unha feira “que serviu para lanzar a nosa campaña ‘A paisaxe que sabe’ coa que continuaremos promocionando a nosa gastronomía como principal destino turístico”, sinalou Regueira. A próxima parada que fará Turismo da Deputación será Madrid Fusión, onde participará cun stand propio dende o 27 ata o 29 de xaneiro.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

Lea también

El grupo ferrolano BÖJ recibe el Premio de la Música de la SAF

La Sociedad Artística Ferrolana otorga además la Primera Medalla «Sotomayor» al pintor Pepe Barreiro Gómez …