O centro cívico social do Alto acollerá en Narón a charla “Automatiza o teu mundo”

O centro cívico social do Alto do Castiñeiro acollerá en Narón a vindeira semana, o mércores día 29, a charla “Automatiza o teu mundo”, dirixida á cidadanía en xeral e con entrada libre. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, indicou que dará comezo ás 19:00 horas e avanzou que se afondará nunha serie de cuestións e ferramentas que permitan optimizar o tempo de lecer.

Aforrar tempo, uso de ferramentas para facer tareas tediosas, busca exhaustiva de clientela… forman parte dos contidos de esta convocatoria, dirixida a todo tipo de públicos, tanto profesionais como curiosos na área das vantaxes dixitais.

Lea también

O SPEIS de Narón participa no simulacro nacional de emerxencias marítimas Polex 2026

O exercicio, desenvolvido en Vigo, consistiu nun lume simulado nun buque de transporte de vehículos …