O desemprego cae en As Pontes a mínimos históricos

O municipio pechou o ano con 3036 parados, cifra que representa o 3,1% da poboación As Pontes é o terceiro concello con menos paro dos 21 municipios que conforman as comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal.

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, á luz dos últimos datos oficiais publicados pola Xunta de Galicia e o Estado sobre o emprego na Comunidade Autónoma fai un balance positivo dos mesmos, destacando a notable baixa que experimentou o desemprego no municipio ao longo de todo o ano.

Así o rexedor local indicou que “As Pontes pecha o 2024 no limiar máis baixo de desemprego da historia do municipio desde que se contabilizan datos. Hai 306 persoas desempregadas na actualidade, cifra que representa o 3,1% da poboación das Pontes e somos o terceiro concello con menos paro dos 21 municipios que conforman as comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal”.

En palabras Gonzalez Formoso o razón desde descenso débese á aposta por As Pontes tanto de empresas locais como de novos proxectos “vimos como moitas das instalacións industriais que estaban pechadas nas Pontes foron adquiridas e postas en marcha por distintas empresas, como poden ser Allied Steel, Intacta, Invenergy ou Prometal que supuxeron un revulsivo na contratación ao que tamén hai que sumar o tirón para o emprego que supuxo Delicias Coruña, empresa que comezou cun persoal de 25 persoas e que conta na actualidade con 200, con previsións de crecemento en 2025.”

O alcalde tamén se mostrou esperanzado e sinalou que “na actualidade os polígonos industriais están ao 90% de funcionamento, pasamos de ter 12 naves baleiras a ter só unha. Vendemos 330.000 metros cadrados de chan industrial en 12 anos e temos esperanzas co chan industrial que quede libre da central térmica. Ademais imos pedir colaboración ao Estado e á Xunta para promover tamén chan industrial na zona do Aparral para dar cobertura a máis proxectos industriais xeradores de empregos”.

Finalmente, González Formoso, apuntou que “desde o Concello confiamos tamén en que os proxectos de industria pesada expostos para As Pontes se vaian consolidando durante 2025, contribuíndo a continuar mellorando as cifras de emprego do noso municipio”

Lea también

Sequeiro toma el relevo como sede de la XXII Muestra de Asociaciones de Valdoviño

Está organizada por las entidades vecinales, culturales y deportivas, con la colaboración del Ayuntamiento y …