Máis de mil atletas toman parte nos campionatos galegos de campo a través

Fuente Federación Galega de Atletismo/ Cros en A Pobra

Este domingo 19 A pobra do Caramiñal dará acollida a unha das máis e numerosas probas de campo a través do calendario atlético galego.

Desde as 10:30 da mañán co comezo das primeiras probas do Campeonato Xunta de Galicia Máster ata as 13:40 ca saída da última carreira correspondente ao Memorial Alejandro Lorenzo, irán desfilando polo circuito da praia de Cabío máis dun milleiro de atletas na procura dun bo resultado nestos campionatos tanto no apartado individual como no de por equipos.

Campinato Máster

Algo máis de cinco quilómetros será a distancia que terán que completar os atletas da categorías máster en todas as súas modalidades. Durante as catro voltas ao circuito pobrense, e escenario de múltiples campionatos, os atletas das categorías de máster 35 en adiante, loitarán por un dos postos de honra onde a priori os campións galegos da pasada edición celebrada en A Rúa e presentes nesta edición, Esteban Díaz do Atletismo Narón na M35, Jose Antonio Gude do Lucus Caixa Rural na M45, Teresa Castro do At. Noia na F55, José Suárez Leis do SD Compostela na M60 e Mari Carmen Rodríguez da S.D. Compostela na F65, intentarán defender e revalidar os seus títulos autonómicos.

Campionato Sub10-Sub12 e Sub14

Ao remate do campionato máster, darán comezo as probas para as categorías base do atletismo galego nas categorías Sub10, Sub12 e Sub14.

Nelas estarán presentes un importante número de atletas achegados de todos os recunchos da nosa comunidade e onde se poderá seguir as evolucións dos campións galegos Sub14 dos XOGADE acontecidos a semana pasada no Concello de Poio,  Lia Núñez da Atlética Lucense e Sergio Silva do Atletismo Trega.

Na categoría Sub12 serán de igual modo tanto Lía Geralavicius da Gimnástica como Sergio Silva do Atletismo Trega quenes partan como uns favoritos ao triunfo, sen perder de vista aos gañadores do ano pasado do  na categoría inferior, Mara Kruger e Jesus García, ambos do Maderas Barcia Lourenzá

A categoría Sub10 pola súa banda, será a que se atope en principio máis aberta e disputada, polo que haberá que agardar ao remate da proba de 1050 m. para coñocer o nome dos gañadores.

Segundo fontes do Concello de A Pobra, para o Concelleiro de Deportes, Eloy Sobrido “O noso municipio goza de gran vitalidade deportiva. A tempada de outono/inverno non mingua o noso dinamismo e volvemos ter unha nova cita co campo a través. Aquí únense actividade física e paisaxe. Deste xeito, temos un evento deportivo nunha contorna de gran valor”

Lea también

Celebración do Campeonato de probas combinadas indoor

Un total de trinta e dous atletas en representación de vintedous clubs, tomarán parte esta …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *