Psoe Ferrol presenta no pleno unha moción para a revitalización do Ensanche A

O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno do Concello de Ferrol no mes de xaneiro unha moción que propón unha Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL), como evolución do anti programa EDUSI, para a revitalización integral do Barrio do Ensanche A, tamén coñecido como O Inferniño.

A proposta inclúe unha serie de accións destinadas a transformar este barrio nun modelo de sostenibilidade, conectividade e dinamismo urbano. Entre as medidas destacadas están:

A rehabilitación completa do Centro Comercial Porta Nova e o seu aparcamento.
A renovación completa do Centro Cultural Carballo Calero
A reurbanización e renaturalización do Parque do Inferniño.
O parque canino do Palco das Ánimas
Parque das vías e carril bici
A humanización do primeiro quilómetro da Estrada de Castela.
A humanización das rúas Manuel Belando, Pintor Bello Piñeiro e Río Castro.
A conexión da Estrada de Castela co novo bulevar de As Pías.
Medidas complementarias para fomentar a mobilidade sostible e a revitalización económica e social da zona.

Esta iniciativa responde ás necesidades actuais do Ensanche A, unha área con grande potencial pero que afronta retos importantes en termos de infraestruturas, mobilidade e seguridade. «O noso obxectivo é promover unha
transformación que devolva a este barrio a súa vitalidade, creando espazos máis humanos e sostibles para a cidadanía», sinalou o portavoz do Grupo Municipal Socialista.

Estes fondos son xestionados polo Ministerio de Facenda e Función Pública do Goberno de España, a través da Dirección Xeral de Fondos Europeos, co obxectivo de promover proxectos de desenvolvemento urbano sostible.

O Grupo Municipal Socialista espera contar co respaldo do resto das formacións políticas para impulsar este proxecto que será clave para o futuro do Ensanche A.

Lea también

Renovación de los parques infantiles en Sixto Seco, Ferrol Canido

El concejal de Servicios de Ferrol, José Tomé, informó este miércoles 15 en comisión del …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *