Aberto en Narón o prazo de inscrición no I Máster galego de futbolín

O Concello de Narón colabora coa asociación Infinity na primeira edición do Máster galego de futbolín Cidade de Narón, que se disputará os días 11 e 12 de xaneiro no pavillón do colexio de Piñeiros. O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou a convocatoria acompañado por Jesús Redondo, presidente de Infinity, e Esteban Freijo, presidente na zona do Ortegal da citada asociación.

Dende a organización recalcaron que se repartirán 8.000 euros en premios e que a proba será clasificatoria para o mundial que se celebrará o vindeiro ano en Zaragoza.

A proba disputarase nas categorías élite, primeira, segunda e feminino, en dúas modalidades, o sábado 11 a de movemento, a partir das 10:00 horas, e o domingo 12 parado, dende as 10:00 horas (o feminino a partir das 13:00).

As partidas de futbolín serán de balde e disputaranse simultáneamente en vinte futbolíns, que poderían ser máis no caso de que así o requerise a cantidade de persoas inscritas.

O prazo de inscrición neste evento deportivo permanece aberto ata o 8 de xaneiro, podendo anotarse as persoas interesadas a través dos teléfonos 684 762 989 ou 695 120 730. O prezo de inscrición é de 25 euros por xogador e na inscrición feminina 20 euros por parella. Dende a organización contan coa afluencia de xogadores procedentes de Galicia, Asturias, Castela León, Cantabria, Cataluña e outras comunidades.

O edil de Deportes asegurou que “é unha satisfacción poder celebrar por vez primeira un evento destas características na nosa cidade, completando así o amplo abano de propostas deportivas que se celebran ao longo do ano”.

Lea también

El SPEIS de Narón intervino en un incendio en una nave de la carretera de San Xiao

A las 00.45 horas de esta pasada madrugada avisó el 112 a los bomberos de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *