Fene organiza a X edición da Carreira San Silvestre

O Concello de Fene organiza a X edición da Carreira San Silvestre, que este ano, como novidade, trasládase a San Valentín. A cita será o sábado 28 de decembro, a partir das 17:00 horas, dando comezo coa categoría biberóns. Haberá probas para todas as idades, desde pitufos até a categoría absoluta, pasando polas categorías Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 18, e os xa nomeados biberóns.

As inscricións permanecerán abertas até as 23:59 horas do 23 de decembro a través da web www.carreirasgalegas.com. A retirada de dorsais poderá realizarse o día anterior á carreira, o 27 de decembro, no Salón de Plenos do Concello, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, ou o propio día da carreira no Pavillón A Xunqueira.

Adán Chao, concelleiro de Deportes, animou á veciñanza a participar nesta cita: “A San Silvestre é unha oportunidade perfecta para despedir o ano facendo deporte e desfrutando dunha xornada en familia. Convidamos a todas e todos a unirse e vivir o ambiente festivo que caracteriza esta proba”.

Logo de dez edicións, a San Silvestre de Fene consolídase como un dos eventos deportivos máis destacados do Nadal na comarca, promovendo a actividade física e a convivencia nunha data tan especial.

Lea también

Case 300 persoas participan en San Sadurniño dunha completa xornada deportiva

San Sadurniño converterase nun referente do deporte de montaña coa celebración este domingo 29 de …