Igualdade da Deputación destina 150.000€ en políticas de xénero

O BOP publicou a semana pasada a convocatoria do programa FOIO0B/2025 da Deputación da Coruña, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en políticas de xénero no ano 2025. A institución provincial repartirá 150.000 euros, cun máximo de 28.000 € por beneficiario.

O prazo de presentación de solicitudes está ata as 14 horas do 16 de xaneiro de 2025, e a tramitación debe realizarse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación.

As entidades poderán destinar o investimento a programas de loita contra a violencia de xénero e a programas de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, “alicerces das políticas do noso traballo en Igualdade da Deputación”, sinalou a titular do departamento, Soledad Agra.

“Con esta liña de axudas”, engadiu, “podemos apoiar proxectos a prol do apoderamento e a participación social, do fomento da igualdade de xénero e do emprego en igualdade de oportunidades, e da conciliación e as posibilidades compartidas”.

Para Agra, a liña de axudas tamén lles permitirá ás entidades “traballar na prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero, o mesmo que no tratamento integral das persoas en situación de violencia de xénero”.

As bases da convocatoria poden consultarse e descargarse no BOP do 10 de decembro de 2024.

 

Lea también

Regades, proclamado secretario xeral del PSdeG en Pontevedra tras ser el único aspirante postulado

El socialista vigués David Regades ha sido proclamado de nuevo como secretario xeral del PSdeG …