O grupo municipal socialista de Ferrol denunciou, a través do concelleiro Germán Costoya, a “desidia absoluta” do goberno local no mantemento básico da cidade. A este respecto, o edil manifestou que “non é admisible que este goberno municipal do PP encha o peito con pomposos anuncios de ‘Cidade do Deporte’ e de ‘Abrir Ferrol ao mar’ e non sexa quen de amañar a tapa dunha arqueta, e máis estando situada nun lugar tan perigoso”.
Refírese Costoya «ao risco que supón a tapa dunha arqueta no cruce entre as rúas Manuel Belando e Río Castro, da que xa se advertíu ao Goberno de Rey Varela a mediados de novembro». “Proba diso é que a Policía Local colocou dous conos sinalizando dito risco”, mencionou o concelleiro socialista, que explicou que «isto fixo que os vehículos, cun tráfico moi intenso nesa vía, estiveran días facendo maniobras perigosas para esquivar ditos conos».
Continúa o edil indicando que «pasadas unhas xornadas, desapareceu un dos conos sin que teña sido reemplazado ata o momento, polo o que “os socialistas continuamos advertindo ao goberno municipal de que non se amañaba a tapa da arqueta e que a sinalización era cada vez peor,”. A isto, como apunta Costoya, «o concelleiro responsable respondeu que se estaba tratando o asunto cunha compañía telefónica, e que si non se non se solucionaba poñerían unha chapa de aceiro como protección».
«Finalmente, o pasado sábado desapareceu o cono de sinalización que quedaba, “e así estamos ata hoxe”. Disto advertiu o concelleiro ao goberno local o mércores na comisión informativa da área, “por enésima vez, pero nada, por un oído lles entra e polo outro lles sae”, subliñou.
“O certo é que a día de hoxe non están os dous conos, nin siquera queda un, e a chapa de aceiro nin apareceu,”, indicou Germán Costoya, para o que “semella que o único que queda é agardar a que haia sorte e non aconteza ningún accidente, é dicir, Rey Varela abandona á veciñanza á súa sorte”.