A Taberna Bon Pé gaña o certame “Tapas de Outono” de Cedeira

O certame, no que tamén foron premiados O Mesón e O Amanexo, levou numeroso público aos establecementos participantes na pasada fin de semana.

Mar e montaña de porco celta, centolla e bolet
BonPé

A Taberna Bon Pé resultou este ano a gañadora do certame “Tapas de Outono” que organizou o Concello de Cedeira para darlle pulo á hostalería e a gastronomía local. O Mesón acadou o segundo premio e Gastrobar O Amanexo recolleu o terceiro, nunha edición do concurso que espertou grande interese.

Segundo confirmou a concelleira de Emprego e Promoción Económica, Manuela López, houbo moita xente visitando e degustando os petiscos dos dez locales participantes entre o venres e o domingo pasado, cando se desenvolveu a iniciativa, e algún dos establecementos chegou a vender preto de mil unidades.

Albóndiga en salsa de carrileira, crema de piquillo e bola á sartén
O Mesón

A Taberna Bon Pé participaba por primeira vez no certame, despois da súa apertura o verán pasado. É un establecemento rexentado por Yolanda Cuesta e Diego Iglesias, que tamén está ao frente dunha comercializadora de marisco. Gañou o concurso co petisco “Mar e montaña de porco celta, centolla e boletus”. O Mesón quedou en segundo lugar coa tapa “Albóndiga en salsa de carrileira, crema de piquillo e bola á sartén” e O Amanexo foi terceiro coa “Carrilleira de frisona style”.

Como sucedeu en anteriores edicións, o “Tapas de Outono” tivo tamén premio para o público. Así, entre as persoas que votaron -emitíronse un total de 360 papeletas- sorteouse unha cea para dúas persoas no local gañador.

Carrilleira de frisona style
O Amanexo

Lea también

El grupo ferrolano BÖJ recibe el Premio de la Música de la SAF

La Sociedad Artística Ferrolana otorga además la Primera Medalla «Sotomayor» al pintor Pepe Barreiro Gómez …