Avanzan en As Pontes os traballos de reparación dos danos causados polas choivas

O Concello das Pontes avanza a bo ritmo nos traballos de reparación dos danos causados polas choivas durante a fin de semana pasada co obxectivo de restablecer a normalidade nas zonas e instalacións municipais afectadas.

O pasado  domingo o departamento de obras activou un dispositivo especial para poñer en marcha as tarefas de reparación dos danos que afectaron principalmente ao pavillón polideportivo do CEIP A Magdalena, a diversos camiños rurais e tamén ao río Brixeo ao seu paso pola Avenida de Galicia ao lago das Pontes

No caso do polideportivo do CEIP A Magdalena procedeuse a achicar a agua que inundou á pista deportivo e levouse a cabo unha limpeza xeral de toda a instalacións recuperándose xa para o seu uso normal o martes.

En relación aos camiños rurais procedeuse á sua limpeza, retirando ramas e pedras desprendidas a causa da choiva e limpáronse todas as zonas de paso de agua para evitar asolagamentos dos viarios.

Por outra parte, no río Brixeo produciuse unha rotura da canalización das augas sanitarias provocado polas pedras arrastradas polo río debido á sua crecida durante a fin de semana e xa se traballa en colaboración con Augas de Galicia para poder resolver a situación e reparar a cano do saneamento. E finalmente, no caso do lago, desde o departamento de obras informan de que se está á espera da baixada do nivel da agua no lago para poder repoñer a area na zona de praia.

Lea también

A Diputación provincial de A Coruña colaboró a lo largo del 2024 con los Servicios Sociales del Ayuntamiento de Valdoviño

La subvención provincial permitió ofrecer 3.604 horas del servicio de ayuda a domicilio y costear …