A Deputación financia a adquisición de material para o Grupo de Rescate Inmediato de Catástrofes BRIEGAL

A Deputación apoia con 50.000 euros a BRIEGAL para promover que a asociación dispoña dun equipo de busca e rescate de activación inmediata, con autonomía e autosuficiencia.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña financia con 50.000 euros a adquisición de material e maquinaria para o Grupo de Rescate Inmediato de Catástrofes da Asociación Busca e Rescate Integral e Emerxencias de Galicia (BRIEGAL).

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o seu homólogo de BRIEGAL, Manoel Tato, asinaron o convenio mediante o que a institución provincial contribuirá a adquisición de material que permita a BRIEGAL dispor dun equipo de busca de busca e rescate de activación inmediata coa autonomía, autosuficiencia e capacidades requiridas polos estándares establecidos de xeito internacional e que poida situarse no lugar onde se produza a catástrofe en menos de 24 horas.

Fuente Diputación de A Coruña

Segundo explica a asociación, na actualidade non existe na provincia nin na comunidade autónoma un grupo de axuda especializado no rescate internacional de catástrofes e que poida ser activado de xeito inmediato.

“A devastadora DANA en Valencia lembrounos a importancia de dar unha resposta rápida e eficaz nas primeiras horas dunha catástrofe con equipos especializados, recursos adecuados e experiencia”, afirmou Formoso, que destacou “o gran labor” da ONG BRIEGAL, que naceu como unha asociación de bombeiros voluntarios de Ferrol tras o terremoto de Turquía, en 2023 e que a día de hoxe engloba a diferentes profesionais de distintos servicios de bombeiros e da sanidade de Galicia.

Coa achega económica da Deputación da Coruña, a agrupación poderá adquirir maquinaria especializada como tronzadoras, martelos, serras, trades, cámaras de inspección ou desfibriladores. Tamén inclúe a adquisición de ferramentas como discos, punteiros, ciceis, brocas, chaves, desaparafusadores, lanternas ou grillóns, ademais de material como EPIs, mochilas, tubos de snorkel ou máscaras.

Lea también

Marineros reservistas y civiles protagonizaron este viernes una Jura de Bandera en Ferrol

(Gráficas Galicia Ártabra)- 5 aspirantes a Marineros Reservistas y 15 civiles que renuevan o realizan …