O grupo socialista de Ferrol acusa ó alcalde da cidade de «desleixo patolóxico» co patrimonio histórico ao «non remitir a tempo á Deputación a documentación para a aprobación do convenio de Monteventoso».
A concelleira Eva Martínez lamenta que «o desinterese e falta de xestión do PP estea a ter un efecto tan dañino en proxectos clave acadados no pasado mandato».
Os socialistas esixen ao goberno local que «resolva de forma inminente a situación para que a institución provincial poda ter luz verde para a recuperación da batería».
O grupo municipal socialista lamenta que, de novo, Ferrol «quede á cola dos investimentos pola falta de traballo e de interese do grupo de goberno de Rey Varela. Nomeadamente, os socialistas refírense a unha das obras máis destacadas das acadadas no pasado mandato: a recuperaración da batería militar e da antiga estación meteorolóxica de Monteventoso, actuación inciuida nun ambicioso proxecto liderado pola Deputación Provincial, e que conta co financiamento do programa extraordinario de Plans de Sostenibilidade Turística en Destinos, do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (Next Generation)».
«Precisamente esta semana a institución que preside Valentín González Formoso daba luz verde aos convenios cos Concellos de Valdoviño e de Ares que permiten á Deputación poder executar as obras que se van desenvolver nos veciños municipios (Campelo e A Bailadora), pero o documento relativo a cesión das instalacións ferrolás non foi sometida a votación posto que o goberno do PP local non remitiu a documentación para poder aprobalo».
«Nin con unha oficina creada unicamente para retener fondos europeos, Rey Varela é quen de poder xestionar os fondos que ese goberno socialista que o PP definía de forma permanente como desbordado conseguíu traer para Ferrol», manifestou a concelleira Eva Martínez Montero, que acusou aos populares de «desleixo patolóxico» con todo o que «supoña traballar».
Para a concelleira socialista, resulta especialmente grave o que está a acontecer con todo o relativo «á mellora, posta en valor e recuperación do patrimonio histórico, «unha área que Rey Varela ten completamente desatendida e que non fixo absolutamente nada novo, máis aló de perder unha subvención de case un millón de euros do Camiño Inglés, tapar con asfalto os restos da antiga muralla da cidade ou deixar nun caixón 18 meses a candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial».
Por contra, a concelleira destacou «o compromiso da Deputación Provincial e do Goberno central co patrimonio local, «sendos os únicos que velan pola súa rehabilitación». Esta actuación, que forma parte dun ambicioso plan de recuperación das baterías militares de costa no que traballa a institución coruñesa, a subvención de 100.000 euros para a candidatura á Unesco que volta a asinar co Concello (iniciada tamén co goberno socialista) ou as axudas concedidas polo Goberno de Pedro Sánchez con cargo aos fondos europeos no castelo de San Felipe para a reforma da casa do comandante e a batería alta e habilitar unha cafetería (un millón de euros, acadada durante o mandato de Ángel Mato) ou a de mellora do Camiño Inglés, concedida en marzo de 2023 e perdida hai unhas semanas polo PP, constituén «un claro exemplo» do que invisten os executivos do PSOE en Ferrol «fronte a desidia e o conxunto baleiro das administracións do PP» mencionou Martínez.
A edila anunciou que «esta cuestión será posta enriba da mesa para recibir explicacións na vindeira comisión informativa de Patrimonio Histórico, ao tempo que esixiu ao goberno local que resolva a situación de forma urxente para poder levar a cabo «en tempo e forma» unha actuación que vai mellorar sustancialmente un recurso «fantástico para poñer en valor a nosa historia, pero tamén para atraer ao turismo».