Psoe Ferrol afirma que o 96% das inversións quedan sen executar ó peche do 3T

O Grupo Municipal Socialista de Ferrol denuncia «a pésima execución orzamentaria do Concello de Ferrol no exercicio de 2024, especialmente no capítulo de investimentos reais, que ao peche do terceiro trimestre apenas alcanza un 3,89% sobre o orzamento definitivo de máis de 41 millóns de euros».

«Este dato é unha mostra clara da parálise na xestión municipal e da incapacidade para transformar os recursos públicos en melloras tanxibles para a cidade. Con maioría absoluta e 11 asesores, este goberno está completamente paralizado».

Como sinala Rafael Fernández Beceiro, concelleiro do Grupo Socialista, “os datos reflicten unha execución desastrosa no capítulo de investimentos, e todo apunta a que, a final de ano, poderiamos estar ante o peor goberno da democracia en execución orzamentaria”.

«A execución global dos gastos tampouco ofrece mellores resultados. Só se executou o 37,58% do orzamento definitivo, deixando sen usar máis do 60% dos recursos dispoñibles para atender as necesidades da cidadanía. Esta situación reflicte non só unha falta de planificación, senón tamén unha ausencia de vontade política para priorizar actuacións que melloren os servizos públicos, a infraestrutura e a calidade de vida da veciñanza»

Desde o Grupo Socialista queremos subliñar que «os investimentos previstos para 2024, como melloras en infraestruturas, renovacións de espazos públicos e proxectos fundamentais para o desenvolvemento de Ferrol, non se están a executar».

«Ademais, o goberno municipal presenta o orzamento de 2025 coma unha aposta para consolidar estas actuacións, cando a realidade é que se arrastran ao próximo exercicio porque non foron quen de executalas este ano».

«Os orzamentos non se fan para presumir de aprobalos, fanse para cumprir cos cidadáns. A súa aprobación debe ir acompañada dunha xestión eficiente que garanta que cada euro se invista en beneficio da veciñanza. Ferrol merece menos escusas e máis resultados».

Lea también

Ferrol le solicitará al IGVS la cesión gratuita de tres parcelas en Esteiro y Caranza para ‘abrir Ferrol ao mar’

El Concello de Ferrol ha aprobado este lunes la petición de la cesión gratuita de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *