O XXXVI Premio Torrente Ballester de narrativa xa ten gañadores

O XXXVI Premio Torrente Ballester de narrativa xa ten gañadores. Súmanse ao palmarés do certame, convocado polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña, as novelas “Nailía”, da ribasilense Loli Rodríguez, en lingua galega, e “La soledad de los reptiles”, do madrileño Antonio Bonet de Luna, en lingua castelá. “Silvidos en las cumbres”, do tudense Diego Alfonsín Rivero, resultou finalista en castelán. Os dous vencedores recibirán 15.000 euros e a Deputación publicará as dúas obras.

A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu os dous xurados, nos que actuou como secretaria a xefa da sección de Educación e Cultura, Manuela Muñiz Souto. Formaron o comité avaliador en lingua galega os escritores César Lorenzo —gañador en galego en 2023—, Sica Romero, Marta Villar, Brais Lamela e María Rei Vilas; e en lingua castelá, Anna Blasco Rovira e Jesús M. Antón —gañadores en castelán en 2023—, María Sánchez, Xacobe Pato e Maria Salgado.

De “Nailía”, o xurado valorou “a boa narración da historia e a axilidade da lectura, nunha novela clásica na forma e na estrutura pero moi actual no punto de vista á hora de abordar o relato”. Tamén destacou “a representación de mulleres diversas e as imaxes poéticas que crea durante a narración con moi bo manexo dos diálogos”.

“La soledad de los reptiles” é, para o xurado, “unha obra orixinal e arriscada, que perdura na memoria do lector, cunha reflexión que afonda no sentimento de perda e o lugar que ocupamos na sociedade”. “Trátase”, engade a resolución, “dunha novela ben estruturada e equilibrada, na que o autor mostra gran capacidade para manter a tensión narrativa de comezo a fin con bo ritmo e personaxes ben traballados”.

Ao XXXVI Premio Torrente Ballester presentáronse 66 obras en galego e 104 en castelán.

Sobre as persoas gañadoras

Fuente Diputación de A Coruña/ Loli Rodríguez

Loli Rodríguez (Torbeo, Ribas de Sil, 1964) estudou Maxisterio na Universidade de Compostela. Traballa no Hospital Meixoeiro. En 2023 publicou a súa primeira novela, “Os nomes de Val”.

Fuente Diputación de A Coruña/ Antonio Bonet de Luna ByN

Licenciado en Empresariais e Filoloxía Inglesa, Antonio Bonet de Luna (Madrid, 1970) estudou Dirección na Escola de Cine de Madrid e Creación Literaria na Escola de Escritores, tamén de Madrid, onde gañou a bolsa ao mellor alumno da oitava promoción do Máster de Narrativa 2016-18. Tamén seguiu cursos de cine en UCLA e de escritura creativa con Alejandro Gándara, Eloy Tizón e Marta Sanz

Coa súa produtora Master Cluster produciu curtametraxes de ficción, vídeos corporativos e cursos audiovisuais. Como guionista e director, as súas curtas “Clases de ruso”, con Luis Tosar, e “Las viandas”, con José María Pou, deron a volta ao mundo, con máis de 250 seleccións en festivais internacionais e máis de 40 premios en dez países. Na actualidade, traballa no longametraxe documental “El marco de la cara”, coprodución entre España e a República Dominicana, en fase de posprodución.

“La soledad de los reptiles” é a súa primeira novela.

Diego Alfonsín Rivero (Tui, Pontevedra,1980) traballa como profesor no ensino secundario en Galicia, logo de cursar Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, formación que completou na Universidade Nova de Lisboa. Posteriormente, estudou Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid, onde recibiu unha bolsa para un semestre na Universidade de São Paulo. Entre 2008 e 2016 viviu en Alemaña, onde traballou como lector de galego e de español nas universidades de Heidelberg, Mannheim e Aquisgrán. En 2015 gañou o premio Miguel de Unamuno pola novela “Lenta Demolición” e en 2017, o premio Lueiro Rey en lingua galega pola novela “Non o saben as estrelas”. Tamén publicou un libro de contos, “Heidelberg y otros relatos” (2018), e “Libro de notas” (2022).

Fuente Diputación de A Coruña/xurado lingua galega
Fuente Diputación de A Coruña/xurado lingua galega

Lea también

La Xunta adquiere otros doce terrenos en el parque natural de As Fragas do Eume por 80.000 euros

  La conselleira de Medio Ambiente y Cambió Climático, Ángeles Vázquez, ha destacado que la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *