O BNG de Ferrol presenta no pleno unha moción en defensa do galego

O Bloque Nacionalista Galego defenderá no pleno de Ferrol unha moción na que propón «que o concello reforce o seu apoio ao fomento da lingua galega e revise a súa actuación en materia lingüística de cara a que o galego sexa verdadeiramente a lingua oficial do concello».

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, sinala que «nun momento en que o galego está nunha situación de emerxencia é preciso que o concello de Ferrol dea un paso á fronte na defensa da lingua galega implementando o seu uso en todas as iniciativas e actividades propias do concello, apoiando todas as iniciativas sociais de cara a súa defensa e esixindo á Xunta de Galiza que cumpra o estabelecido na Lei de Normalización Lingüística e no Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega e na Ordenanza de Normalización Lingüística».

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, lembra que «desde o BNG estamos continuamente chamando a atención do goberno local sobre os reiterados incumprimentos da normativa de normalización neste concello xa que parece que a este goberno tanto lle ten cumprila ou non».

O BNG sinala que «aínda esta recente a intención do goberno de Rey Varela de excluir o galego das contratacións municipais, os sinais das peque paradas seguen estando en español e son continuas as campañas que desde diferentes concellerías se desenvolven excluíndo a nosa lingua e as comunicacións das empresas concesionarias dependentes do concello que tamén excluen ao galego».

Así mesmo o BNG solicita que o concello «se adhira á Plataforma Queremos Galego, entidade social ampla conformada por colectivos de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta popular a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xagarantidos pola actual lexislación; e de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada e que o Concello apoie activamente as iniciativas socias promovidas desde esta Plataforma».

Lea también

Ferrol le solicitará al IGVS la cesión gratuita de tres parcelas en Esteiro y Caranza para ‘abrir Ferrol ao mar’

El Concello de Ferrol ha aprobado este lunes la petición de la cesión gratuita de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *