AGFA do Eume e Concello de San Sadurniño ofrecen un curso de poda de inverno

A AGFA do Eume e o Concello de San Sadurniño continúan traballando para mostrar as posibilidades de desenvolvemento que ofrece a actividade frutícola. Nese camiño, a entidade acaba de abrir o prazo de inscrición nun curso de oito horas de duración que estará centrado nas técnicas de poda e guiado das árbores.

IMAXE CÉSAR GALDO /PODAS NA CORTIÑA DUN SOCIO DA AGFA DO EUME

A actividade, que será gratuíta para veciñanza de San Sadurniño ou socia da AGFA, desenvolverase na Casa da Xuventude o venres 29 e o sábado 30 de novembro. Hai que inscribirse no 635 013 323.

Da parte formativa encargarase o técnico Ignacio Bellas Castro, quen fará durante o primeiro día, de 16:00 a 20:00h, unha introdución ao sector froiteiro, ademais de proporcionar coñecementos teóricos sobre as técnicas de poda en relación cos sistemas produtivos elixidos.

Ao día seguinte, de 10:00h a 14:00h, a actividade do curso trasladarase á horta de conservación de castes autóctonas Carlos Fornos, onde se verán exemplos de podas de formación, de fructificación e de renovación das árbores en época invernal, momento no que se produce un parón biolóxico nas plantacións.

O curso encádrase no convenio de colaboración subscrito entre o Concello e a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume . Por este motivo a inscrición será gratuíta tanto para a veciñanza de San Sadurniño como para as persoas socias da AGFA do Eume, mentres que para o resto de participantes o prezo será de 40 euros (que se pagarán o primeiro día).

Hai que anotarse no 635 013 323 antes do día 27 de novembro.

Lea también

Sequeiro toma el relevo como sede de la XXII Muestra de Asociaciones de Valdoviño

Está organizada por las entidades vecinales, culturales y deportivas, con la colaboración del Ayuntamiento y …