A Agrupación local socialista conta con un punto de atención parlamentaria

A Agrupación Socialista de Ferrol pon a disposición da cidadanía un punto de atención parlamentaria, a través do que calquera veciño ou veciña poderá trasladar á deputada local, Beatriz Sestayo, as súas queixas, suxestións e problemática, así como coñecer de primeira man o funcionamento ou calquera cuestión relativa ao funcionamento da Cámara galega.

Deste xeito, e á espera de coñecer polo míudo a composición definitiva das diferentes comisións do Parlamento e os seus horarios, Sestayo estará a disposición da cidadanía nos teléfonos 981 320 480 ou no 981 551 532. Tamén atenderá a través do seu correo electrónico, que é beatriz.sestayo.doce@parlamentodegalicia.es. Como destacou a propia parlamentaria, que xa utilizou este sistema en anteriores lexislaturas, a comunicación permanente coa cidadanía constitúe unha ferramenta fundamental no seu traballo, “xa que o que queremos os socialistas é respostar ás necesidades e problemas das persoas, e qué mellor que facelo coñecendo estes problemas e reivindicacións de primeira man”.

Preguntas de Sestayo

Por outra banda, a deputada ferrolá comezou a actividade parlamentaria desta nova lexislatura rexistrando unha serie de iniciativas vencelladas co sector naval, que é clave para esta comarca. Trátase, concretamente, da petición, “dunha vez por todas”, dos presuntos contratos de Pemex cos asteleiros galegos –un deles, con Navantia- “para despexar todas as dúbidas existentes sobre os mesmos dende hai xa dous meses”, e sobre os avales dos que está a falar Feijóo.

Así mesmo, Beatriz Sestayo requeriu do Partido Popular a través doutra iniciativa parlamentaria, toda a documentación que posúen con respecto ao dique flotante, unha infraestrutura que o PSOE

de Ferrol considera vital e decisiva para o presente e futuro de Ferrol e a súa comarca.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …