A alcaldesa de Narón entregou os diplomas do curso de Operador/a de guindastres de taller

O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acolleu na mañá deste venres o acto de entrega de diplomas dunha das edicións do curso de Operador/a de guindastres de taller: ponte guindastre, pórtico e semipórtico, integrado no Programa Municipal de Formación.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregaron os diplomas –o municipal e o homologado pola Fundación do metal- ás once persoas que remataron esta acción formativa, na súa primeira edición, do 14 ao 30 de outubro.

Ferreiro interesouse por coñecer de primeira man, a través do alumnado, a valoración que realizan deste curso, do que actualmente se está impartindo nas citadas instalacións municipais unha segunda edición, que rematará o
vindeiro día 20 deste mes. O curso constou de 66 horas, en cuxa parte teórica se abordaron temas como a normativa, o operador de guindastre, coñecementos xerais de mecánica, tecnoloxía de aparatos de elevación, emprego dos aparatos de elevación e normas de seguridade, a manipulación de materiais e os controis, mantemento e avarías, entre outros.

A rexedora local felicitou ao alumnado que rematou esta acción formativa, animándoos a facer uso dos recursos e ferramentas á súa disposición no Concello a través dos servizos de formación e emprego permanentes.

Lea también

Uns 350 escolares participan nos obradoiros de murais programados dende polo Concello de Narón en centros de ensino

Uns 350 escolares de once centros de ensino de Narón participan nos obradoiros de murais …