Aberta a inscrición na Campaña da Neve 2025 da Deputación da Coruña

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 10 de xaneiro e o 17 de febreiro de 2025, diversas viaxes á estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para impulsar a práctica do esquí entre a mocidade de 11 a 15 anos de idade dos municipios coruñeses.

Fuente Diputación de A Coruña

Poderán participar un total de 600 nenos de toda a provincia, que se repartirán en seis quendas de catro días de duración cada unha.

Con esta campaña, a institución provincial pretende “que os rapaces da provincia da Coruña poidan iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario”, indicou o deputado de Deportes, Antonio Leira.

As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de catro días na estación de Valgrande-Pajares, clases de esquí, monitores, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. Terá prioridade na inscrición a rapazada que nunca fora a ningunha campaña de neve da Deputación.

Desde a institución provincial recoméndase aos e ás asistentes que leven consigo gorro, luvas, gafas de esquí e de sol, anorak térmico, pantalón impermeable ou similar, roupa de rúa e deportiva, chuvasqueiro, mochila pequena, útiles de aseo, pixama e crema solar.

Inscrición aberta nos Concellos ata o 2 de decembro

Os interesados e interesadas en participar deberán presentar no seu Concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante, fotocopia da tarxeta sanitaria e do carné de identidade e copia do aboamento da cota de inscrición (unha vez a praza estea confirmada).

O prazo para apuntarse xa está aberto e remata o 2 de decembro de 2024.

No caso de que se soliciten máis prazas das dispoñibles, os concellos procederán a sortear as mesmas entre os e as solicitantes.

A ficha de inscrición e toda a información correspodente á Campaña de Esquí 2024 pódese descargar da páxina web da Deputación da Coruña

https://www.dacoruna.gal/files/8617/3089/7866/Campana-Neve_2025_Ficha_Inscricion.pdf

As quendas por concellos desenvolveranse nas seguintes datas:

1ª QUENDA

(do 10/01/2025

ao 13/01/2025)

Abegondo, Aranga, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Cabanas, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar.

2ª QUENDA

(do 17/01/2025

ao 20/01/2025)

Arteixo, Cambe, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

3ª QUENDA

(do 24/01/2025

ao 27/01/2025)

Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.

4ª QUENDA

(do 31/01/2025

ao 3/02/2025)

Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

5ª QUENDA

(do 7/02/2025

ao 10/02/2025)

Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Mazaricos, Muros, Negreira, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.

6ª QUENDA

(do 14/02/2025

ao 17/02/2025)

Ames, A Baña, Boqueixón, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

 

Lea también

La ferrolana Daría Blanco Núñez recogió la «faba de plata»concedida por la Asociación de Asturianos

“Recibir este premio es un honor que me llena de orgullo, por dos motivos muy …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *