Aberta en Narón a inscrición na “Campaña neve 2025” da Deputación da Coruña

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla, recordou que está aberto ata o vindeiro 2 de decembro o prazo para anotarse na “Campaña neve 2025” promovida pola Deputación da Coruña.

A administración provincial oferta catorce prazas para a localidade, ás que poden optar os nenos de 11 a 15 anos (ambas idades incluídas), que deben cubrir unha ficha, que se pode descargar da páxina web www.dacoruna.gal/deportes, e cumplimentar cos datos requeridos para entregala no Rexistro do Concello acompañada pola documentación requerida para formalizar a citada inscrición.

Unha vez confirmada a praza haberá que entregar nova documentación requerida por este programa.

Os menores de Narón acudirán á terceira quenda, que terá lugar entre os días 24 ao 27 de xaneiro. Durante eses días permanecerán aloxados na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), onde realziarán cursos de esquí e actividades complementarias.

A cota que aboarán os participantes é de 85 euros, cantidade na que se inclúen os gastos de transporte, a estadía, a manutención na citada estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados, tal e como se indicou desde a Deputación da Coruña.

A través desta iniciativa apóstase por fomentar a práctica do esquí entre os rapaces das idades ás que se dirixe esta iniciativa.

Lea también

La AECC instala en el CC Odeón de Narón un punto de inscripción para la XIII edición de ‘Ferrol en marcha contra o cancro’ 

La Plaza Redonda del Centro Comercial Odeón acoge este lunes y mañana un punto de …