AIC pon en marcha o V concurso infantil de postais de Nadal

A Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC pon en marcha a quinta edición do seu concurso infantil de postais de Nadal. A actividade naceu no 2020 como alternativa segura en plena pandemia, pero logo da súa boa acollida consolidouse como unha actividade habitual da entidade.

O certame divídese en dúas categorías: ata 7 anos e de 8 a 12 anos. Como nas edicións anteriores, os debuxos premiados servirán para felicitar as festas aos socios e socias da Agrupación. Ademais, faranse cun obsequio cortesía de El Obrador de Laura, situado en Barracido, que volve patrocinar o concurso.

A temática deberá estar relacionada coas Festas do Nadal. O debuxo deberá ser horizontal, para poder adaptalo despois aos distintos formatos. As propostas pódense enviar escaneadas ao correo atenencia@caamouco.net, indicando o nome, idade e un teléfono de contacto. O prazo remata o 29 de novembro.

Lea también

Apertura das inscricións para a sétima ruta SendAres 2024-2025

A concellaría de Deportes de Ares pon en marcha este 1 de abril o proceso administrativo …