O Ateneo Ferrolán acolle «As máscaras de Ibañez. O Marqués de Sargadelos que nunca foi»

Este venres 8 de novembro as 19.30 horas o Ateneo Ferrolán acolle o monólogo «As máscaras de Ibañez. O Marqués de Sargadelos que nunca foi» de mans da compañía «Avelaiña Teatro»
 
Entrada de balde có formato de taquila inversa na que se agradece unha doazón a vontade se lles gustou a obra.
 
«A figura de Antonio Raimundo Ibáñez, o Marqués de Sargadelos, deixou unha herdanza inmemorial en Ribadeo onde hoxe a súa casa é a casa consistorial. Sobre a súa incrible vida, a obra empresarial que desenrolou, o seu tráxico final e os ataques que sufríu, Antón Lama Pereira desenrolou un texto que trasladou a unha obra teatral» 
 
 

E aquí estou. Pasaron 215 anos …. É de xustiza ter a ocasión de reivindicar a miña memoria. Así fala o noso personaxe. O teatro fai posible darlle voz ao ausente para que a súa verdade irrompa no escenario. E isto foi o que nos moveu a crear o personaxe Ibañez. A súa figura histórica como rico comerciante e artífice en Sargadelos, Galicia, dos primeiros Altos Fornos de España, está tan rodeada de loias e mentiras que quixemos darlle esa posibilidade. Porque morreu asasinado. Aconteceu en Ribadeo o 2 de febreiro de 1809, na data de entrada na vila das tropas asturianas que viñan liberala da ocupación francesa. Foi a consumación dunha vinganza anunciada.»

Ficha artística e técnica:
Autores: Xabier Fernández. Antón Lamapereira.
Intérprete: Xabier Fernández.
Dirección: Antón Lamapereira.
Axudante Dirección: Miguel Martín.
Caracterización: Laura Rey e Iria Alfaya.

Lea también

Las Fiestas de Ferrol viven sus últimos días con una intensa programación

Día prolífero en celebraciones. Esta jornada ‘de fiesta’ ha estado repleta de actividades para todos …