Os locais de hostalería e restauración pódense inscribir na Ruta degustación da tarta de Narón

A concellería de Promoción Económica, dirixida pola edil Olga Ameneiro, impulsará unha Ruta degustación da tarta de Narón, co fin de promocionar este doce e poñelo en valor en colaboración co sector hostaleiro local.

A concelleira naronesa avanzou que a convocatoria se desenvolverá do 22 de novembro ao 1 de decembro e informou que os representantes do sector interesados en participar deberán anotarse previamente.

Ameneiro explicou que o Concello facilitará de balde aos establecementos participantes a tarta de Narón. Eles serán os encargados de realizar unha proposta de presentación para ofrecela á clientela durante a ruta degustación, que poderá ser como sobremesa, almorzo ou merenda no horario que especifiquen en cada caso. O prezo de venda ao público da presentación da tarta será de 5 euros por porción.

“Queremos promocionar a tarta de Narón, un doce característico da nosa cidade que se comezou a comercializar o 23 de novembro do pasado ano, coincidindo coa celebración do Día de Narón, festividade local”, tal e como
apuntou a concelleira. Así mesmo, destacou o feito de que “o sector hostaleiro representa unha excelente oportunidade para que esta tarta poida chegar a moita máis xente, ofrecéndoa entre a súa oferta de doces para que no caso de que estean interesados se animen a degustala”.

Os locais de hostalería e restauración de Narón interesados en participar poderán anotarse do 4 ao 11 de novembro -incluídos- enviando os seus datos (nome do local e enderezo; nome e número de teléfono da persoa de contacto;
nome da presentación da tarta, ingredientes indicando alérxenos e horario de servizo) á dirección de correo electrónico me.mendez@naron.gal ou chamando por teléfono -de 8.30 a 14.30 horas- ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1204).

Lea también

Se aproba en Narón o regulamento do servizo de madrugadores en infantil e primaria

A corporación local aprobou na sesión plenaria por unanimidade a proposta sobre o regulamento do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *