Fene acolle a primeira parada do I Congreso de Turismo “Degusta Coruña”

Degusta Coruña, o I Congreso de Turismo organizado pola área de Turismo da Deputación da Coruña, comezou este luns 28 a súa andaina en Fene, enmarcado na iniciativa “A provincia que sabe”.

Esta proposta busca reivindicar a excelencia da cadea agroalimentaria provincial a través dun percorrido por distintos concellos, onde se dá visibilidade a produtos locais, empresas de transformación, distribuidoras e establecementos hostaleiros que traballan con parámetros de sostibilidade e de calidade.

A concelleira de Turismo de Fene, Ángeles Coira, participou na primeira actividade da xornada, unha visita á Confraría de Barallobre, onde destacou “a importancia de eventos como Degusta Coruña para a posta en valor de Fene como destino turístico”, e subliñou o papel central da gastronomía na creación dun turismo de calidade, sostíbel e respectuoso co medio.

Este Congreso, que percorrerá diferentes municipios da provincia até o mércores, busca afortalar e promover a gastronomía galega como parte da súa oferta turística, apostando pola calidade e o compromiso co territorio.

Axenda da primeira xornada

Logo da visita á Confraría de Barallobre en Fene, a seguinte parada deste I Congreso de Turismo itinerante será o Antigo Matadoiro de Betanzos, onde se celebrará unha mesa redonda arredor dos viños con IXP Terras de Betanzos, unha presentación dos mesmos e unha demostración culinaria a cargo de Luis Veira (Árbore da Veira), Lolo Mosteiro e Paula Martínez (A Artesa da Moza Crecha).

Lea también

Valdoviño acoge el documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”

El Ciclo Mestro Mateo continúa esta semana en Valdoviño con la proyección del documental «Emoción, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *