CITES Ferrol organiza as I xornadas escolares «As Pepitas de Ferrol»

A Noite das Pepitas é unha festa popular ÚNICA, xa que non existe outra semellante en todo o mundo. As tradicións son unha parte importante da vida. O feito de ensinar aos máis pequenos a coñecer as súas orixes e raíces promoverá a súa participación e implicación na vida cultural de Ferrol e permitirá que sentan orgullosos das súas raíces.

Con estas Xornadas, financiadas pola Axencia de Turismo de Galicia e organizadas por CITES FERROL, achegarase a Festa de “As Pepitas” aos máis novos e novas dos 20 centros escolares de ensinanza obrigatoria de Ferrol, a través dunha acción anual e constante, de forma que cada ano estará dedicado a un elemento desta tradición.

Entre os obxectivos das xornadas destacan o feito de espertar o interese entre os máis novos, garantir a continuidade da festa e crear a primeira rondalla infantil de Ferrol, así como axudar e apoiar o recoñecemento das Pepitas como festa de interés turístico nacional.

Os materiais que recibirá cada centro serán un folleto informativo cunha ficha para poder inscribirse na rondalla infantil e un tutorial, a modo de documento visual sobre a festa par a ver na aula. Ademáis, por unha parte o proxecto pon á disposición dos Centro a posibilidade de recibir a vista dos integrantes dalgunha das seis rondallas de Ferrol, que tamén colaboran, e pola outra banda, propón que cada colexio faga a súa propia ESCARAPELA co seu nome nunha das cintas.

Todas as escarapelas serán expostas na sede de AFundación de Ferrol entre os días 9 e 19 de decembro, mostra que estará arroupada pola celebración dun acto simbólico de afillamento de cada Centro por parte dunha das Rondallas ferrolás. Por último, destacar que na edición das Pepitas 2025, as escarapelas saldrán á rúa portadas polas diferentes Rondallas da cidade.

Lea también

Rey Varela inauguró el centro social de Serantes tras importantes obras de rehabilitación integral

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, inauguró en la tarde de este viernes, …