Cerdido destina 65.000€ do POS+´24 á dotación de abastecementos e mellora de camiños

O Concello de Cerdido destinará unha partida de 65.301 euros, procedentes do POS+2024, en distintas actuacións dirixidas á mellora de servizos e infraestruturas ao longo do seu termo municipal.

Deste xeito, o executivo levará a cabo o proxecto de dotación de abastecemento en Abelleira – Campo Hospital, unha actuación que conta cun importe de 38.901 euros e que estará financiado con cargo aos fondos do POS+2024 da Deputación da Coruña.

A intervención suporá a instalación de 1005 metros de tubaxe de polietileno con 16 arquetas para darlle continuidade á rede actual, así como na reposición do firme afectado polas obras.

Tamén se fará emprego de fondos provinciais para a execución do proxecto de mellora dos camiños de acceso a Cuqueira e a Rañoa. Dita actuación estará dotada dun orzamento que ascende a 26.400 euros e que suporá no primeiro vieiro a mellora da capa de rodaxe con aglomerado en quente, ademais dun treito de 65 metros que será pavimentado con formigón.

No segundo camiño mellorarase a capa de rodaxe con saburra, previo bacheo con pedraplén. En ambas intervencións realizarase a apertura de gabias e a limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.

Lea también

El concello de Mugardos regulariza el proceso de solicitud de plazas en la Escuela Infantil Municipal «As Lagoas»

Según informa el concello de Mugardos  «se completó la regularización de las solicitudes de plazas …