Axenda en Narón do 18 ao 20 de outubro

Venres 18 de outubro de 2024

Actividade: Conferencia: ´É bo poñerse obxectivos?” Hora: 19.00 Lugar: Centro cívico social do Alto do Castiñeiro

A socióloga e coach Marga Carballo será a encargada de impartir unha conferencia sobre se “É bo poñerse obxectivos?”. O Concello organiza a convocatoria dentro do programa A saúde mental importa. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.

Sábado 19 de outubro de 2024

Actividade: Coñecendo as árbores Hora: 11.00 Lugar: Centro cívico social do Couto

O Concello organiza esta actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística. Menores de entre 6 e 12 anos son os destinatarios desta proposta, na que coñecerán as árbores autóctonas. Para poder asistir é precisa inscrición previa.

Actividade: Teatro; Jánsel e Pónsel Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Teatro Calavera trae a Narón este espectáculo, unha comedia protagonizada por Álex Martín e Marián Rey que é autoría de Jose Prieto. É unha obra-documental a través da que se pretende respostar dun xeito lúdico e didáctico ás grandes preguntas do universo. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 20 de outubro de 2024

Actividade: XXXI Tempo de música Hora: 18.00 Lugar: Centro Cívico Social do Couto

A rondalla de mulleres Santa Uxía de Mandiá e a formación Los trasnochadores del Eume, de Pontedeume, actuarán neste ciclo musical, organizado polo Concello e a AVV do Couto. A entrada é de balde.

Actividade: Encontro de Corais Hora: 18.00 horas Lugar: Pazo da Cultura

O Concello e a Asociación Cultural Chorima, de Castro (Narón) organizan esta convocatoria, con entrada de balde. Actuarán a coral Chorima de Castro (Narón), a coral polifónica Airiños de Caranza (Ferrol); o Orfeón Xoán Montes (Lugo) e o coro Cardenal Quiroga da catedral de Santiago de Compostela.

Lea también

«Tardes xuvenís» en Narón ofrece actividades e obradoiros na Casa da Mocidade

A mocidade de Narón poderá participar este mes no proxecto Tardes xuvenís, impulsado dende o …