Ares celebra o Día das Escritoras

Durante toda a presente semana, nas instalacións da Alianza Aresana onde radica a biblioteca municipal é posible atopar unha boa selección de obras de escritoras referentes nos diferentes ecosistemas literarios tanto galego como español.

Nomes como Dolores Redondo, Arantza Portabales, Julia Navarro, Josefina Aldecoa, Luz Gabás… plumas de calidade e para diferentes tipos de lectores que se poden ollar con calma e, no caso de dubidar, mesmo consultar co equipo técnico da biblioteca e pedir unha recomendación sobre elas antes de levalas a casa.

Así, visibilizando a súa producción literaria e poñendo en valor ás figuras femininas dentro do mundo da creación cultural é como celebra Ares o Día das Escritoras 2024, unha efeméride que, dende o 2016, reivindica a labor e legado de diferentes autoras, sempre poñendo a data no luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Teresa de Xesús.

Nesta IX edición, o foco sitúase naquelas mulleres escritoras que narraron e mantiveron vivo o mundo rural e a súa cultura: a periferia, o campo, un mundo que vai máis aló do urbano e dende onde tamén se escribía, se creaba. Mulleres que loitaron a partes iguais co papel en branco e coa procura de tempo e espazo para poder escribir ou publicar, é dicir, construírse un oco no universo literario co que soñaban.

Podes consultar máis información sobre este día na seguinte ligazón:
https://diadelasescritoras.bne.es/edicion-2024/

Lea también

Neda activa la reserva y venta anticipada de entradas para la obra “Heroínas cotiás”

La Casa de la Cultura de Neda acoge este viernes 22 a partir de las …